Amosando publicacións coa etiqueta iva. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta iva. Amosar todas as publicacións

xoves, 13 de setembro de 2012

"LA REALIDAD"

 
 
 "LA REALIDAD"



Teo Cardalda F.


Quien me ha impedido cumplir mi programa ha sido la realidad”. Palabras ditas nunha entrevista polo presidente Mariano Rajoy a un xornal . Se fora verdade que descoñecían a realidade do país, demostra que o Sr. Presidente e o PP están fora de onda e incapacitados para gobernar. Esta palabras non deixan de ser un insulto á intelixencia da cidadanía e non xustifica ese grande fraude electoral e contrato que fixo co pobo. Este partido, mentiu, enganou e con estas últimas palabras do Sr. Rajoy pretende xustificar cunha nova trola o inxustificable.

O PP desde este intre queda deslexitimado para seguir no poder. As promesas de Rajoy non é que estiveran fora da realidade, senón que el está fora da realidade . En política cando un promete e non cumpre, mente en todo e, por riba recoñece as súas mentiras, ten que ter a dignidade e decencia de dimitir. Se fora verdade o que di e fora un político honesto e posto que non pode cumprir o programa electoral votado por ese 38 % dos españois debería fuxir, convocar novas eleccións e presentarse con un novo programa acorde coa realidade. Só lle quedan dúas solucións democráticas: (supoñendo que temos democracia) a convocatoria de novas eleccións ou un referendo de ratificación das políticas aplicadas, todo o demais é unha degradación da política.

Todo o que están facendo non deixa de ser pura e dura ideoloxía de partido reaccionario e antidemocrático, inimigo de todo o que sexa público e de melloras sociais intentando manter a toda velocidade os privilexios duns poucos, a costa da educación, saúde e a miseria da clase traballadora.

Para dignidade política a que tivemos que ollar estes días en Japón, cando dimitiu o goberno por incumprir o seu programa soamente pola aprobación dunha polémica subida do IVA.

Publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital