Desde o Preguntoiro
Troleiros, cachifallos e
emporcallados
    Teo Cardalda F.
  A fiscalía acusa ao Goberno de Feijóo de
homicidio por atrasar fármacos para a hepatite C por razóns orzamentarias. Logo
sae este Sr. dicindo: “ Por dous ou tres pacientes, non parece lóxico
relacionar as denuncias coa austeridade”. ¡ Manda carallo na Habana co
mandatario galego !.
Cando este presidente di que, unha denuncia
por uns poucos pacientes (mortos) non son xustificables polo ben da
maioría.....que é moi caro administrar ese tratamento. Calquera outra
afirmación semellante no que se menospreza a vida dunha só persoa que morra
podendo ser salvada, non merece ser mandatario de nada, a vida dos demais para
este inepto emporcallado son só cifras e estatísticas. 
 A vida é algo máis valioso que todo iso que largou por esa boca de
apodrecido. Fala de razóns orzamentarias para salvar a vida, pero hai diñeiro a
moreas para subvencionar aos medios (Voz de Galicia etc ) de Galicia.

Agora o Sr. Feijóo ten a inmoralidade de culpar aos médicos e trata de
rexeitar as mortes cos recortes, cando nunha entrevista en Madrid comeza a
botar balóns fora dicindo que nada teñen que ver os recortes e seguirá en
defensa de contención do déficit, ou sexa, 
máis futuros mortos. É tan galopín este home que vai superar a Goebbels,
Paca la Culona e vai resucitar a Menguele.
Non soamente é responsable o Presidente da Xunta, tamén é responsable
directo en todo o estado o PP, o partido da corrupción e o saqueo das arcas
públicas. O partido ladrón.
 Ante tanta desfeita na sanidade pública de Galicia, sempre pensei que
eses recortes na sanidade son un xenocidio. Están a provocar mortes e dor.
Aumentan as listas de espera para consultas, tratamentos e hospitalizacións, xa
que desta forma de facer ten unha estratexia deste neoliberalismo que tratan de
impoñernos a puro ovo. Recortes no público para deteriorar a prestación e
despois privatizar, agardando o final do camiño para aumentar os beneficios da
privada.
 
Agora alguén na Fiscalía está de acordo en pescudar esas denuncias.
Parabéns  
Publicado en Galicia Dixital
Publicado en Galicia Dixital