mércores, 20 de abril de 2016

Troleiros, cachifallos e emporcallados


Desde o Preguntoiro

Troleiros, cachifallos e emporcallados

    Teo Cardalda F.

  A fiscalía acusa ao Goberno de Feijóo de homicidio por atrasar fármacos para a hepatite C por razóns orzamentarias. Logo sae este Sr. dicindo: “ Por dous ou tres pacientes, non parece lóxico relacionar as denuncias coa austeridade”. ¡ Manda carallo na Habana co mandatario galego !.

    
Cando este presidente di que, unha denuncia por uns poucos pacientes (mortos) non son xustificables polo ben da maioría.....que é moi caro administrar ese tratamento. Calquera outra afirmación semellante no que se menospreza a vida dunha só persoa que morra podendo ser salvada, non merece ser mandatario de nada, a vida dos demais para este inepto emporcallado son só cifras e estatísticas.
   
A vida é algo máis valioso que todo iso que largou por esa boca de apodrecido. Fala de razóns orzamentarias para salvar a vida, pero hai diñeiro a moreas para subvencionar aos medios (Voz de Galicia etc ) de Galicia.
  
  Agora o Sr. Feijóo ten a inmoralidade de culpar aos médicos e trata de rexeitar as mortes cos recortes, cando nunha entrevista en Madrid comeza a botar balóns fora dicindo que nada teñen que ver os recortes e seguirá en defensa de contención do déficit, ou sexa,  máis futuros mortos. É tan galopín este home que vai superar a Goebbels, Paca la Culona e vai resucitar a Menguele.

   
Non soamente é responsable o Presidente da Xunta, tamén é responsable directo en todo o estado o PP, o partido da corrupción e o saqueo das arcas públicas. O partido ladrón.

  Ante tanta desfeita na sanidade pública de Galicia, sempre pensei que eses recortes na sanidade son un xenocidio. Están a provocar mortes e dor. Aumentan as listas de espera para consultas, tratamentos e hospitalizacións, xa que desta forma de facer ten unha estratexia deste neoliberalismo que tratan de impoñernos a puro ovo. Recortes no público para deteriorar a prestación e despois privatizar, agardando o final do camiño para aumentar os beneficios da privada.

  Agora alguén na Fiscalía está de acordo en pescudar esas denuncias. Parabéns 

Publicado en Galicia Dixital

Ningún comentario:

Publicar un comentario