Amosando publicacións coa etiqueta montes publicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta montes publicos. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de febreiro de 2013

Mariloli




Mariloli
Teo Cardalda F.
 
     Mariloli Cospedal intenta vender 57 montes públicos que supón máis de 40.000 hectáreas que están cualificados como espazos naturais protexidos incluídos na “Red Natura 2000. O cabalo de Atila, chamado Othar, non vendía a herba que non crecía ao seu paso. Non encanto, a Sra. das peinetas e multisueldos, vende a herba as árbores, os montes, hospitais e os colexios. Non conforme con aumentar o paro na Comunidade que preside, cargarse os servizos sociais, agora ten a ousadía de limitar os espazos onde a cidadanía pode pasear e gozar da natureza.

    Coido que isto vai ser un grande pelotazo cinexético dos amiguetes da Sra. da peineta. Agora xa non inverten no ladrillo, senón que esquilmaran a flora e a fauna autóctona e logo serán subvencionados con diñeiro do pobo para facer negocios con cacerías e campos de golf.

   Aínda lembro aquel dito dos anos 60-70 na TVE: “cuando un bosque se quema, algo tuyo se está quemando”. Hoxe xa podemos dicir: “algo tuyo se quema......Sr Conde”. Desta maneira son estes salvapatrias de postal. Esta Mariloli estase pasando cen pobos nas súas funcións dunha maneira salvaxe, atribuíndose a pertenza da Comunidade como se fora un “cortijo” particular. Cando rematen de vender o país, ese que tanto din que aman e queren, fuxiran como furricallos a cobrar o premio nas “Islas Caimán” que o tesoureiro Bárcenas repartirá en sobres lacrados.

   Que mágoa, estannos a gobernar con: ....el que se fodan.... . con peinetas Cospedal,....con biquiños.... Virxe do Rocío.....coas peinetas de Bárcenas.....coas mentiras. Xa está ben de tanta chulería, xa non é que se rían de nós, agora descojónanse de rir a beizo rachado.

   Nesta orxía de atracos ao público, a Sra. Mariloli como posesa, tiña que donar o monte de Venus e facer un campo de golf para poder xogar tódolos cidadáns cando quixesen.

  En fin, que algúns deses cidadáns que lle deron as chaves das súas cadeas que os teñen presos, que no se queixen. Son cousas que pasan por elixir á raposa a coidar o galiñeiro.

Artigos publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital