sábado, 11 de novembro de 2017

Procesión Herexe. Música de fondo “A Las Barricadas”

Atopei esta guinda nun blog que asina un tal Xoan de Cagalloso e Soutomaior. Coido que non ten desperdicio tanto polo significado como polo seu humor. O artigo é do ano 2013.
 Imos disfrutar deste video.

Procesión Herexe. Música de fondo “A Las Barricadas”
Manda carallo na Habana, e a primeira vez que vexo na vida cousa igual, e o crego dándolle as grazas aos músicos despois de tocar “A las barricadas”. Non sei que santo é, pero coido que lle gustaba, debeu ser un santo herexe.
Se o ve Marianito ou o ministro do Opus, mándalle aos antidisturbios a todo meter.
Sabería o crego á letra da canción?. Penso que non, pois se a soubera suspende a procesión herexe. Aínda que isto asemella a un entroido ou algo que se fixo de cachondeo, se foi desta maneira case acadan a realidade, moi real.

Xoán de Cagalloso e Soutomaior


(A las Barricadas)
Negras tormentas agitan los aires
nubes oscuras nos impiden ver,
aunque nos espere el dolor y la muerte,
contra el enemigo nos llama el deber.
El bien más preciado es la libertad
hay que defenderla con fe y valor,
alza la bandera revolucionaria
que llevará al pueblo a la emancipación
alza la bandera revolucionaria
que llevará al pueblo a la emancipación.
En pie pueblo obrero, a la batalla
hay que derrocar a la reacción.
¡A las barricadas, a las barricadas,
por el triunfo de la Confederación!
¡A las barricadas, a las barricadas,
por el triunfo de la Confederación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario