domingo, 22 de marzo de 2015




¿Xustiza Independente?.

Teo Cardalda F.

Fai unhas semanas Bruxelas preguntou nunha enquisa aos cidadáns pola calidade e independencia dos sistemas xudiciais de cada pais  da UE. Sobre España tivo unha resposta negativa, inclusive estamos á cola dos países da Unión Europea na que fai fincapé na independencia xudicial.

Neste país de pandeireta e case imposible que teñamos unha xustiza independente, digo isto polo arrastre que levamos desde o franquismo cunha continuación  daquelas lameiras de 1976   onde hoxe temos estes fangos. Ao non facer ningún troco nas súas estruturas xerárquicas e coa chegada do bipartidismo continuaron ás ordes dos partidos alternantes, sendo os que designan aos responsables de toda a xustiza no seu conxunto. Ou sexa, coa chegada desa alternancia estrangularon os alicerces dos cales fixeron imposible a sua independencia.

Sen entrar en xuízos de valor de si son bos ou son malos xuíces, na sua maioría, a xustiza non pode ser equitativa xa que atráncase cunha xerarquía que está designada polos dous partidos alternantes no poder, dando lugar a un sistema onde a corrupción institucional, endémica e sistemática segue á orde do día.

Non deixa de ser unha broma de mal gosto, ata pártenseme os beizos de tanto rir cando falan de  estado de dereito e mecanismos de control. ¿E iso que é?. Aquí só temos mecanismos de control para os cidadáns do común, traballadores e algún que outro político e xuíz honesto que trata de trocar este sistema decadente.

Este país como sempre á cabeza........do negativo. A lei esta feita como un traxe á medida para os Blesas, Puyoles  (os honorables), Ratos, Granados, Barcenas e moreas deles. Non deixa de ser unha desgracia nacional e internacional.

Dicia o grande escritor Eduardo Galeano “......la justicia es como las serpientes, solo muerden a los descalzos.....”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario