mércores, 8 de outubro de 2014

Ébola, "protocolo" da Sra. Mato





 

Ébola,“Protocolo” da Sra. Mato
Teo Cardalda F.
 

 
 

 Segundo denuncian traballadores da sanidade, o contaxio polo ébola da enfermeira revela que o “protocolo” de seguridade era chapuceiro, soamente cun “cursillo exprés” de 15 minutos arraxaron o problema.
Lendo os xornais de Europa, dan gañas de coller as maletas e fuxir deste país botando labras.  Cando onte souben esta nova, estaba abraiado , pero ao escoitar na roda de prensa a estes personaxes coa “competente” ministra Mato ao fronte, asustoume e aterrorizoume. ¿Como pode  chamar á calma unha señora que xera inseguridade pola súa determinación de cargarse a sanidade pública e a súa incapacidade para o cargo?.

   Un personaxe como esta ministra que segue desmantelando a sanidade pública para darlla aos amiguetes da privada, non ten credibilidade ningunha. Esta é outra mostra da incompetencia desta “tropa do demo”que nos goberna.  ¿ Vai ti a saber se o “protocolo” fíxollo  a Virxe do Rocío?.

  Gobérnannos inútiles patolóxicos, profesionais da mediocridade, do enchufismo, vendedores do sistema. Esta podremia que nos rodea, nesta tela de araña inmensamente grande, atopámonos atrapados todos os cidadáns e dentro de pouco imos ter que facer como os trapecistas a saltar sen rede. Gobérnannos cobizosos e dogmáticos que lévannos como un rabaño de ovellas hipnotizadas ao matadoiro.

   De nada lles valeu co Prestige, con o Yak 42 e o 11 M. Non aprenderon nada. Segue primando a comunicación dos medios afíns, sobre a capacidade e a responsabilidade, crendo que a boa xente do común, trágase todo o que lle boten. Coido que seguen os principios da propaganda de Joseph Goebbels, que avalan a máxima de que as masas son estúpidas.

  Entre tanta pandemia da podremia  nestes tres últimos anos, que sae un día si e outro tamén (a última o das “tarxetas blak”), xa tiña que estar en corentena todo o goberno.

Publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario