xoves, 31 de outubro de 2013

Don Emilio o do Botín

Don Emilio o do Botín
Teo Cardalda F.
 Non pasa unha semana onde algún político larapeta cunha parcela de poder diga unha falcatruada. Agora tócalle a un xurafaz que non é político, porén, manda e ordena neste país e xamais foi votado en ningunhas eleccións. Estou a falar do Sr. Botín xerifalte do banco de Santander, onde o pasado xoves espallouse cun tresvarío que é para“flipar”.
5566859023_cae3178d2e    Estas son as súas palabras: “…….es un momento fantástico para España; llega dinero de todas partes”. E para rematar a súa ousadía cualificou a súa fichase no banco de Rodrigo Rato comentando: “….. el mejor ministro de la monarquía”. ¡ Manda carallo na Habana !. Isto é un insulto á intelixencia do cidadán. Este Sr. estivo debuxando un país irreal que non existe, unicamente que sexa esa España minoritaria de castas e millonaria que chega ao 1,5 % da poboación que o teñen case todo, onde no 2012 aumentou o número de millonarios nun 5,4 %.
   Pon polas nubes ao chafallas do Rato, isto é de coña mariñeira. Don Emilio doulle un subsidio para incompetentes. A saber, arruinou as súa emisoras, vendeu Sintel por catro euros, dirixiu o Banco Mundial e baixo a súa xestión orixinou esta estafa mundial; volveu a España e montou o de Bankia…¡En fin, un luxo de individuo!.
    Don Emilio, director desta orquestra fai bailar a todos ao mesmo ritmo, o primeiro bailarín do reino Sr. Rajoy sae mexando fora do cacho dicindo: “….los indicadores económicos apuntan a que la recuperación económica ya está ahí…”. Despois os bailaríns secundarios fan unha festa con viño e pulpada en A Coruña, onde o Sr. Rueda dicía que estaban a festexar a baixada do paro e o Sr. Feijóo a fin da crise (estafa). Teñen máis cara que un zapato vello.
   O real deste país son os informes do Consejo de Europa que cre que os recortes de Rajoy “socavan los derechos humanos” , onde a redución das partidas no ámbito social, educativo e a sanidade, levan conducindo ao incremento da pobreza das familias. Esa é a realidade, o demais todo é fume.
Artigo publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital

Ningún comentario:

Publicar un comentario