Os Escachapiollos
Teo Cardalda F.
Que vergoña, fano con todo o descaro. Esa arela
de privatizar a sanidade, están a demostrar o interese do lucro que implica
esas privatizacións, estou a falar do conselleiro de Sanidade de Madrid Juan José Güemes que forma parte da empresa que xestiona os análises clínicos dos
hospitais desa Comunidade e de 250 centros de atención primaria na súa área de
influencia. O chafallas este pensouno ben facendo o conxuro : eu privatizo a
sangue e lúcrome coa sangue do pobo.
Este mozo que estudou nun colexio do Opus,
que ten por esposa a sonada Andrea Fabra, deputada no Parlamento que xa foi
abrindo camiño ao seu marido con aquelas palabras: “que se jodan”. Claro que
estannos fodendo. ¿Ata cando?.
Son como morcegos chupadores de sangue, nin
con allos nin cruces vai ser abondo para mantelos afastados da nosa vista.
Nestes tres anos que falta de lexislatura, non van deixar nis pes nin cabeza
sen cortar.
*Andrea Fabra
Publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital
*Andrea Fabra
Publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital
Ningún comentario:
Publicar un comentario