martes, 2 de outubro de 2012

DAN MEDO

DAN MEDO

Teo Cardalda F.



Polos anos 20 do século XX D. Ramón del Valle-Inclán facía unhas declaracións que na actualidade pódense rescatar: …“España es una deformación grotesca de la civilización europea”…

Desde que nos desgoberna o PP os españois estamos sendo testemuñas do máis grotesco e casposo que calquera pódese votar a cara. Somos o “descojone” de Europa coas mentiras deste goberno que un día si e outro tamén van vomitando ata saciedade. Xamais na historia da democracia un goberno en tan pouco tempo tirouse ao abismo dos despropósitos.

O recorte de dereitos plasmados na Carta Magna, o ataque aos alicerces do público en beneficio do privado. Modificación da Lei do aborto polo Ministro Gallardón ilegalizando a interrupción de un feto con malformacións; para de seguido suspender axudas ás garderías, becas de comedor para os nenos e suspensión de axudas a crianzas con minusvalía (autistas e outras deformacións). Ocultación ao pobo dun informe da ONU que lle pediu en xuño ao Executivo que lle dera ampla difusión. Este informe censuraba os recortes de Rajoy porque “aumentan o paro e prexudica aos desfavorecidos”.

Estamos asistindo a un retroceso na historia a marchas forzadas. Dan medo. Inculcan o medo, de iso trátase, acadar unha cidadanía chea de medo, sen educación, que nada se cuestione e sen voz. É todo tan surrealista que non paro de flipar e alucinar, teño unha sensación que todo o que acontece non está acontecendo, asemella a unha parodia arrepiante.

Esta é a España inculta, un país intolerante, sectario que non admite o diferente, que despreza outra cultura dicindo que as súas ideas carcas son as únicas posibles, ideas herdadas daquelas paranoias de falsas unidades e grandezas que seguen sen entender o que é unidade, grandeza e liberdade.

É a España que exiliou a grandes intelectuais, a que expulsou a Picasso, Alberti, Machado, Severo Ochoa, fusilou a Lorca e Alexandre Bóveda.


Publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital

1 comentario: