Amosando publicacións coa etiqueta os normales de Rajoy. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta os normales de Rajoy. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de abril de 2015

OS NORMAIS DESTE IDÍLICO PAÍS


OS NORMAIS DESTE IDÍLICO PAÍS



Teo Cardalda F.

   Fai uns días o Sr Rajoy pediu o voto para a xente “normal” que ama a este país. Ou sexa, para Rajoy hai dous tipos de seres humanos: os normais e os outros. ¡Ala!, aí queda iso para gravalo en bronce. Os estudosos e eruditos, van ter que entrar nese pensamento filosófico “rajoyiano” para analizar unha nova filosofía.
 
  Non encanto, para min non paga a pena resolver o intuír o que quere dicir semellante “filósofo” sobre o que dixo da xente normal, todo e froito do déficit ético e moral de parte da poboación deste país. A súas palabras, pensamentos aburren ata aos mortos, son simples e non aportan nada a ninguén. Se os que lles vota son os normais deste país. ¿ Que son os outros millóns de cidadáns que votan a toda a pluralidade de partidos ?. Debemos ser anormais, raros ou extraterrestres.
  Non é un problema de “normais” Sr. Mariano. É un problema dalgunha xente que lle segue (sen un mínimo de crítica) e que lles segue votando; total, coido que o  nos está a dicir o Sr Presidente é que para arranxar o que levan destruído durante estes case catro anos, hai que volver a votalos. Tamén quérelles dicir aos normais, que inspira unha "confianza" normal, seica , que entre as masas e camadas populares esta palabra é máxica. "Confianza" en tempos de crise-estafa encalma aos mesmos “mercados”, xa baixou o paro, baixan os intereses, caen as hipotecas, xa non nos bourean aos  anormais a bergallazos se protestamos e o “Estado do Benestar” vai vento en popa.
  Como Rajoy siga dicindo estas imbecilidades, vaise cargar a teoría da evolución de Darwin, no lugar de que o home descende do mono, vai ser que o mono descende do homo sapiens, a este Sr. fáltalle pouco para erguerse ás árbores cos seus conxéneres. A este home coido que fóiselle un pouco a pinza; se D. Ramón del Valle-Inclán levantara a cabeza tiñamos esperpentos cada día, non daba avío en escribir. 
  Reservémoslle  praza  no Panteón de Galegos Ilustres, e se temos que botar fóra a Castelao, que carallo, pois o facemos.