Amosando publicacións coa etiqueta ceoe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ceoe. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de xaneiro de 2013

Os Malfeitores da CEOE



Os Malfeitores da CEOE

 Teo Cardalda F.

   Outro esperpento máis neste país dos despropósitos: a patronal CEOE di que a reforma laboral quedouse curta e esixe ao goberno máis flexibilidade e rebaixar máis os salarios. Estes señores séntense seguros e protexidos por este poder político e lexislativo que non vai a ningures, lévannos ao desastre, a un túnel sen saída. Estes malfeitores pretenden a escravitude, coido que nin sequera iso, os escravistas de antano tiñan ao obriga de manter aos seus escravos.



El juez investiga si Díaz Ferrán ocultó propiedad de dos pisos en Nueva York, un chalet en Mallorca y un yate   Esta casta empresarial que temos nesta "marca España" é pura escoura. Non teñen integridade moral para dicir semellante barbaridade, cando nesa cova de serpes mantiveron unha morea de anos na súa presidencia ao " presunto" corrupto (hoxe na cadea) Díaz Ferrán. ¿Para cando un ERE na CEOE, onde despídase sen ningunha indemnización a tanto malfeitor que atópase no cumio desa organización?.

 ¿ Ata cando temos que aguantar a estes  dirixentes empresariais e os políticos que os apoian que nos levan nun rumbo de naufraxio?. Non encanto, a verdadeira traxedia non consiste nos berros destes lacazáns e goberno déspota e autoritario, senón no silencio da xente que o está vendo e non se move.


 
De todo isto sácase unha conclusión moi clara, temos que volver a nacionalizar tódalas empresas de servizos e estratéxicas. Estas grandes empresas teñen que estar ao servizo da sociedade e non para saqueala favorecendo os infames intereses duns poucos.
 
 
Publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital
 

sábado, 8 de decembro de 2012

"PATRIOTA" DÍAZ FERRÁN

"PATRIOTA" DÍAZ FERRÁN



      O ex-comandante en xefe da CEOE Díaz Ferrán foi detido e acusado de branqueo de diñeiro, alzamento de bens e outras herbas. Claro, o cuco e super empresario, quería irse de “rositas “ cos cartos fora do país. Este é o que pedía moderación salarial, reformas laborais para despedir doadamente e menos impostos ás empresas. Era aquel que quería transformar o ICO na banca empresarial co obxecto de repartir“cartiños frescos” entre empresarios en dificultades...... sen que os patróns apoquinen un euro nin baixo a fórmula de ampliación de capital. En realidade o que propoñía o “camarada” Ferrán era meter man no diñeiro público, trincar, ata baleirar a caixa.

Recomendaba aos traballadores que traballaran máis e cobrar menos. Carallo para o elemento, seguro que con esta fórmula quería acadar o máis pronto posible o “quiñón” para levalo para eses paraísos dos patriotas. Unha das cousas que máis sorprendeume, foi a vea filosófica que lle saíu cando lle dixo á Esperanza: “Aguirre eres cojonuda”.

      Este home é o espello de case toda esa caterva de grandes empresarios, que se non hai explotación laboral, impostos baixos e subvencións non son capaces de crear ren, o típico que abunda entre esa clase de empresarios “patriotas” ao carón das políticas neoliberais que exercen desde o poder. Toda esta manada conxuntamente practican o terror, porque orixinan terrorismo social, sufrimento, desesperación e suicidios.

      Que saque o Goberno dunha vez a lista dos defraudadores que lle entregou Francia e que teñen agochada, que se deixen de lerias, pois cada día que pasa este país dos despropósitos vaise apodrecendo coa descomposición deste sistema caducado. Agardemos que esta detención non sexa unha representación circense coa que nos ten acostumados este goberno con tantos indultos, ata chegaron a indultar dúas veces a policías torturadores.

     O malo é que moitos españois temos que convivir con xente que segue votando a corruptos sabendo que o son. Mala chispa os coma.


Teo Cardalda F..

Publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital