luns, 13 de xuño de 2016

Son como Túzaros



Son como Túzaros
 Teo Cardalda F.


    Polos anos 20 do século XX D. Ramón del Valle-Inclán facía unhas declaracións que na actualidade pódense rescatar: …“España es una deformación grotesca de la civilización europea”…
Seguindo con o grande literato de Vilanova, o mes pasado estiven na cidade de la Villa y Corte. Nuns intres de vagar achegueime ao Paseo de Recoletos e darlle unha visita a don Ramón del Valle-Inclán que alí ten unha estatua, estiven máis dunha hora, senteime nun banco e comecei a lembrar aquelas fermosas obras. A miña mente recalou no seu primeiro esperpento: Luces de Bohemia”. Polo meu maxín pasou “martes de Carnaval”, “Los Cuernos de Don Friolera” etc. Don Ramón, coa súa incrible imaxinación, a súa innata rebeldía, poñía á clase política daquela época como estropallos

Sabía que non podía preguntarlle a don Ramón de certas entrevistas que moitos xornalistas lle preguntaron, non o podía facer, pola sinxela razón que soamente era unha estatua de bronce. A miña arela era ter unha máquina do tempo para conversar sobre aquela entrevista que lle fixeron en México, cando falou sobre Rei Alfonso III: “ …es un cobarde vergonzoso …”

Cando un xornalista en Madrid lle dixo: “¿ ha leído don Ramón lo que opina Miguelito el golpista de usted ? ( o ditador Miguel Primo de Rivera).

-Imposible que haya leído nada de él porque ese botarate no sabe escribir ni las ordenanzas cuartelarias.

-¿Dice que usted es un “ciudadano extravagante”?.

Y lleva toda la razón. No pretenderá que sea un lameculos de los obispos y de los burguesitos como lo es él. Su pasatiempo es ir conquistando peñones, la isla de Peregil (isto lémbrame a Aznar), Alhucemas. ¿No se le cagaran las gaviotas encima? .

Levanteime do banco onde estaba sentado e volvín á realidade, despedinme de don Ramón e atópome unha manifestación en contra dos desafiuzamentos; acordeime do esperpento actual que estamos a vivir neste país. Don Ramón desde o eterno paseo de Recoletos, contempla alporizado como neste século XXI España segue gobernada por botarates, covardes, impresentables e burguesitos lamecus que adoran o IBEX 35.

Cando xa estaba algo lonxe de Recoletos, din un berro ao carón dunha cafetería, os que estaban sentados na beirarrúa, creron que era un tolo: ¡¡¡ Don Ramón, que esperpento de país temos hoxe!!!.
Isto ben a conto sobre estes desalmados que levan gobernando desde fai máis de catro anos (seis meses en funcións), o esperpento é o mesmo hoxe, aínda que en distinto contesto.

Desde que nos desgoberna o PP os españois estamos sendo testemuñas do máis grotesco e casposo que calquera pódese votar a cara. Somos o “descojone” de Europa coas mentiras deste goberno que un día si e outro tamén van vomitando ata saciedade. Xamais na historia da democracia un goberno en tan pouco tempo (catro anos) tirouse ao abismo dos despropósitos.

O recorte de dereitos plasmados na Carta Magna, o ataque aos alicerces do público en beneficio do privado. suspender axudas ás garderías, becas de comedor para os nenos e suspensión de axudas a crianzas con minusvalía (autistas e outras deformacións). Ocultación ao pobo dun informe da ONU . Este informe censuraba os recortes de Rajoy porque “aumentan o paro e prexudica aos desfavorecidos”.

Estamos asistindo a un retroceso na historia a marchas forzadas. Dan medo. Inculcan o medo, (¡Venezuela!. ¡Venezuela! ) de iso trátase, acadar unha cidadanía chea de medo, sen educación, que nada se cuestione e sen voz. É todo tan surrealista que non paro de flipar e alucinar, teño unha sensación que todo o que acontece non está acontecendo, asemella a unha parodia arrepiante: mentiras, difamacións e manipulacións a moreas. Penso que todos estes novos que entraron no PP, tiveron que facer cursillos para cínicos e saber mentir como cosacos.

Esta é a España inculta, un país intolerante, sectario que non admite o diferente, que despreza outra cultura dicindo que as súas ideas carcas e resesas son as únicas posibles, ideas herdadas daquelas paranoias de falsas unidades e grandezas que seguen sen entender o que é unidade, grandeza e liberdade. Son como túzaros de piñón fixo,

Estes pertencen a esa España que exiliou a grandes intelectuais, a que expulsou a Picasso, Alberti, Machado, Severo Ochoa,  fusilou a Lorca e Alexandre Bóveda. Agora nestes século XXI cambalache a nosa xuventude, a máis preparada intelectualmente e tecnicamente, segue "exiliándose" ao outros países.
Agora que o penso, achégase o día 26 para votar, non sei se facelo en Maracaibo ou en Caracas, pois non teño seguro cal é a miña mesa.


Publicado en Galicia Dixital


Ningún comentario:

Publicar un comentario