¡ Sr. Wert !
 Teo Cardalda F.
Que outra cousa pode ser?. Un goberno que
sementa o descoñecemento cun ministro de educación Sr. Wert que cada vez que
abre a boca solta barbaridades que feden moi mal e esváralle caspa retrógrada
por todos os seus poros. Un elefante nunha cacharreira e por riba fai moito
ruído coas súas declaracións que nos remonta a tempos pasados e escuros: “....vamos a españolizar Cataluña...” e
considera que non é necesario saber de revolucións e totalitarismos, por iso a
Plataforma “Soy Pública” denuncia
esta reforma da LOE que deixará aos alumnos de Ciencias sen coñecer a Historia
Contemporánea e por iso os estudantes chaman a folga esta semana. Quen non
coñece a súa historia, está condenado a repetila. 
Catro mil millóns de euros. Esa é a
cantidade que o Goberno Rajoy recortou en educación pública desde que gañou as
eleccións, incentivando a educación privada a colexios de elite que todos
coñecemos, relixiosos, e setas etc.
Se o ministro non quere historia, lla vou
contar un anaco moi parecida a de hoxe que vólvese a repetir: Na inauguración
dun instituto en Lebrija polo ditador Franco en maio de 1946, no seu discurso
falaba: ...”los dialectos pugnaban contra
la unidad de lenguaje que supo ver y concebir el gran imperio
español......”....detrás de nuestras armas, con nuestra unidad, van nuestras
escuelas. “....detrás de esas armas y de la espada abramos el surco fecundo de
las inteligencias....” Estas
palabras de entón ás de hoxe do Sr. Wert, soamente as diferencia o contexto e o
tempo. Ao final rematará impoñendo aquela materia chamada "Formación del Espíritu Nacional".
Publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital

 
